miguel
New Member
Mee y mejor
Posts: 90
|
Post by miguel on Jul 27, 2008 20:32:49 GMT 4
Moitos debemos pasar por esta sección...
Felicidades ó campión do Tour 2008 que atacou como os máis grandes ó comezo da subida de Alpe D'Huez, e deixou que o amarelo lle dese ás na crono
|
|
elamo
New Member
Si xa non te leva nin del Bosque...
Posts: 316
|
Post by elamo on Jul 28, 2008 14:14:03 GMT 4
Si o césar o que é do césar...aínda que bueno atacar a un grupo no que a metade son corredores do teu equipo non é ser eddi merx ou luis ocaña...pero bueno...as miñas felicitacións...máis que nada porque cando sabes que as forzas llas deu pensar no mellor escalador deste país nos últimos 15 anos, ademáis cuñado del, xa non cae TAN mal...Grande sastre, e tamen GRANDE CHAVA...
|
|
cadoi
New Member
Posts: 117
|
Post by cadoi on Jul 29, 2008 13:25:50 GMT 4
Veña, pego aquí o que escribín no fotolog de Mario, que polo visto vou fomentar a polémica xDDDD
A min Sastre tampouco me gusta en exceso, paréceme un corredor absolutamente mediocre que se vale da súa gran regularidade (non ten case nada máis) para destacar en voltas de 3 semanas, e que aproveitou a actual coxuntura do ciclismo para gañar este Tour, pero que nunca dá espectáculo. Porque Evans, gran favorito, paréceme outro ciclista mediocre a quen se pode aplicar o mesmo que a Sastre.
No que non estou dacordo é respecto do Chava, para min un ciclista sobrevalorado totalmente neste país porque lle caía ben a determinados personaxes dese xigante mediático que é o grupo Prisa. Por contra, ese mesmo grupo sempre torpedeou a Olano por certas guerras con el e a muller, e para min non cabe dúbida de que Olano foi moito millor ciclista que o Chava aínda que algúns nos intentaran vender o contrario.
Ademais, o Chava era un ******; por aquel entón vía eu moito ciclismo (agora xa moito menos, desgraciadamente) e este era un tío que nunca nunca daba un relevo, se se ía e non era só, metíase a roda ata que chegaba a meta e só pasaba para gañar. Para min, só ese feito é imperdonable. Por non falar dos seus múltiples fracasos, sobre todo no tour onde nunca fixo nada. Por que é un fenómeno por chegar sempre algún día a 20 ou 30 minutos? Un tío, supostamente xenial escalador, que durante case toda a súa carreira era incapaz de aguantar varias etapas de montaña a máximo nivel, sempre tiña que 'descansar' nalgunha.
Mírate o palmarés do Chava, bastante normaliño e case mediocre, nunca entendín por qué se lle permitía tanto a el para tan pouco resultado, por qué o Chava nunca tiña que traballar, sempre podía facer o que quixera, sempre podía borrarse cando quería. Iso podíaselle permitir a Pantani, pero é que a diferencia (e palmarés) como corredor de un e outro ... dá risa.
Por certo, o Chava como máximo gañou un total de 4 etapas nunha mesma Vuelta, para un total de 9. Jalabert (18) ou Kelly (16, aínda que só recordo os seus últimos anos) si daban verdadeiro espectáculo, e non só na Vuelta, que ao Chava se lle quitas esa carreira ... queda en NADA, case. O Chava era espectáculo? Entón estes, que eran? Sairíanse do mapa ...
|
|
elamo
New Member
Si xa non te leva nin del Bosque...
Posts: 316
|
Post by elamo on Jul 29, 2008 15:13:25 GMT 4
Pego logo eu as miñas respostas...que non me collía todo nun comentario... Vale jalabert gañou nove etapas recordoche que era sprinter e ademáis un esprinter no final das etapas tiña 4 ou 5 tíos do seu equipo traballando para el...gran mérito, eu creo que por exemplo no angliru xa pode ser forte o teu equipo que non vai haber naide traballando para ti...era un fenómeno porque se vía que non iba gañar subía andando, e facía ben porque el, que perdía de 6 a 7 minutos por crono nunca iba gañar unha xeral, é decir, máis listo que a maioría do pelotón...o que comentas de olano é ben certo coa muller de por medio...sen ir mais lonxe na volta que comentaba eu do poli malo e o poli bueno, un día no hotel, previo a segunda subida a navacerrada (polo lado dificil), cando xa olano taba farto dos ataques do seu compañeiro, iban subir o de anoeta coa muller no ascensor e cando xa se cerraba a porta chaba meteu a chancla e dixo"no os olvidéis de mi" grande moi grande...O palmarés ben no seguinte link, e non me parece que sexa mediocre: es.wikipedia.org/wiki/ChabaDis que non tiña que traballar nunca, eso para empezar será cuestión de eusebio unzué, pero eu recordo que no tour que perdeu induráin ante rijs (desgraciado) xa estaba o chaba, e tocaballe como bo novate endurecer as subidas de segunda e terceira categoría nas etapas do macizo central... Como ves tocachesme a fibra sensible...¿sabes porque nos gusta tanto o chava? porque era un tipo que sin gañar ningunha gran volta emocionaba o público cos seus ataques sin pensar que son os peores... seguramente se seguira a correr na época actual levaría o pinganillo sempre colgando e se poidese apagaríao...eu persoalmetne estou farto dos pinganillos, porque actuacións como a do csc no tour ou mesmo o discovery danme arcadas, ademáis de que xa lle hipotecaron a clasificación de dous tours a pereiro, caídas aparte... Por outra banda, dis que sempre iba a roda...como fan case sempre os que gañan as etapas. Según ti hai que facer coma o outro día egoi martínez que se fiou d q lle dixo o mais rapido da fuga que iba mal e que so quería chegar con eles a meta pero sin disputar, e deixaronlle entrar no corte definitivo, cando o vasco era claramente o mais forte...o lóxico e que senon eres rápido, colabores menos na fuga, logo se atacas pero te colle o máis rapido ahí si que tes que ir a roda todo o tempo, mirar tamén o do outro día de carlos barredo... Saúdos e viva o chaba!!! P.D.:Ahhh e que se pudra jalabert...jajajajaja Ahh non sei se recordas na primeira volta na que quedou lider da montaña e gañou unha etapa, tocoulle de compañeiro de fuga pascal ricard nesa etapa que gañou e na seguinte...pois se podes investiga quen pasaba o relevo e quen non e como foi o desenlace da segunda, será que o chaba aprendeu da experiencia... Por certo, e esto non o puxen no meu fotolog...sastre será un corredor mediocre, pero xa ten mais tours que o chava...e que jalabert tamen, ademáis este apesta...ejejejejejejejejej
|
|
cadoi
New Member
Posts: 117
|
Post by cadoi on Jul 29, 2008 18:28:39 GMT 4
Xa que me colgas o palmarés do Chava, bótalle ti mesmo un vistazo, e dime qué victorias de calidade ten fóra da Vuelta: 1 etapa en Dauphine e 3 máis unha xeral en volta a Catalunya. O demais, puaf, para un total de 24 victorias. Que non está mal, que moitos son os non logran chegar a iso sequera, pero tampouco é nada do outro mundo e existen bastantes corredores millores. Sen ir máis lonxe, cólgoche o de Olano: es.wikipedia.org/wiki/Abraham_OlanoO dobre de victorias, e aparecen algunhas en Romandía, mundial, Bicicleta Basca, Tour, Dauphine, Catalunya, País Basco, Tirreno ou Criterium Internacional. Claramente superior ao Chava. E máis alá dos triunfos, foi para min as súas dúas últimas tempadas un dos millores gregarios do pelotón. Non é que fose Olano precisamente santo da miña devoción, pero si o considero un ciclista netamente superior ao Chava e creo que neste país se endiosou a un e se crucificou a outro, en ambos casos inxustamente, e a Abraham non se lle chega a recoñecer todo o que foi. Ah, antes de que me esqueza, comentar o teu último párrafo: o Tour é a carreira máis importante, sen dúbida, pero para nada o ciclismo se limita ao Tour, o ciclismo é moito máis e a calidade dun ciclista non se limita ao número de tours gañados, por poñer un exemplo cercano Pereiro ter un Tour (que gañou nas circunstancias que o gañou) e é un ciclista moi moi normaliño, hai multitude de corredores máis grandes ca el sen Tour nengún. Como Jalabert ou Kelly, que citaba antes. Pero claro, iso dío alguén que nunca se deixou levar polo que venden os periodistuchos "deportivos" deste país, alguén que se namorou da Paris-Roubaix con 11 anos vendo gañar a Duclos-Lasalle entre o barro a pesar de que neste país iso lle interese a catro gatos mal contados ... ata que gaña un español, claro. Bueno, todo isto último non vai por ti, pero é que me indigna a prensa deportiva española, paréceme basura salvo contadas excepcións Respecto á fuga con Pascal Richard que me comentas, pois mira, qué queres que che diga, negar anos de chuparrodas con UN contraexemplo ... pouco hai que dicir, por cada unha na que daba relevos en 10 non daba nengún. Que unha cousa é reservarte, non dalo todo, gardarte algo para o final ou para un ataque, e outra moi distinta non dar un só relevo. Que o Chava si entraba ás veces? Vale, si, como todos, pero lonxe estaba de ser a súa actitude habitual ao longo da súa carreira profesional, o que máis veces facía era ir a roda todo o rato. Dis que non tiña que traballar nunca, eso para empezar será cuestión de eusebio unzué, pero eu recordo que no tour que perdeu induráin ante rijs (desgraciado) xa estaba o chaba, e tocaballe como bo novate endurecer as subidas de segunda e terceira categoría nas etapas do macizo central... Sobre o do tour do 96, pois sinceramente non recordo en exceso ao Chava, a maioría dos recordos que teño del son a partir do 97, que foi cando se empezou a gañar a aureola esa que tanto critico. Tocáballe a el endurecer as etapas no macizo central logo? E a conto de que? Ese foi o ano no que Indurain xa non dera máis de si, acabara o Tour 11º ou 12º e non recordo que pasara ao ataque excesivamente despois de ter perdido tempo xa no primeiro bloque de montaña. E as etapas de media montaña tampouco eran precisamente onde máis se mostraban Indurain e o Banesto, ao contrario, o Macizo central, entre Alpes e Pirineos, eran etapas a superar cos mínimos problemas posibles ... bueno, será que me falla a memoria.
|
|
cadoi
New Member
Posts: 117
|
Post by cadoi on Jul 29, 2008 19:05:30 GMT 4
Pego logo eu as miñas respostas...que non me collía todo nun comentario... Vale jalabert gañou nove etapas recordoche que era sprinter e ademáis un esprinter no final das etapas tiña 4 ou 5 tíos do seu equipo traballando para el...gran mérito, eu creo que por exemplo no angliru xa pode ser forte o teu equipo que non vai haber naide traballando para ti.... e que jalabert tamen, ademáis este apesta...ejejejejejejejeje Aproveito tamén para saírnos un pouco pola tanxente xa que me falas de Jalabert. E o que teño que dicir é ... un sprinter? Un sprinter? Estamos a falar do mesmo Jalabert? De Laurent? Existen dous Laurent Jalabert, o dos seus primeiros anos de profesional, e o gran corredor do resto da súa carreira. O Jalabert de Toshiba e dos 2 primeiros anos na ONCE, pois si pode ser considerado un sprinter, mais poñéndolle peros. Un sprinter que rara vez gañaba chegando con grupos grandes, necesitaba pelotóns máis pequenos, finais en costa, portos intermedios. Non era Petacchi, Cipollini ou Van Poppel, sprinters puros con todo o equipo ('il treno') facéndolle a chegada como ti dis. Para nada. E logo temos o Jalabert que aparece a partir do 94, cando se lle ocorre gañar nos Lagos na Vuelta e logo no Tour ten a hostia co policía nun sprint, momento a partir do cal lle colle certo medo aos mesmos e moi rara vez se volve meter en sprints puros en grupos grandes. Ollo, falamos de que deixa de ser asiduo nos sprints no ano 94 ... e retirouse no 2002!!!!!! Como me podes dicir que era un sprinter? Un tío que gañaba habitualmente en montaña, en contrarreloxo, en fugas, ... dá gusto debater contigo, pero non me fagas comentarios coma ese que te desacreditas ti mesmo O Chava espectacular? Dicir iso e desprezar a Jalabert, que anda que non daba espectáculo en todos os terreos, que mira que non atacou veces, algunhas ben lonxe de meta, só a etapa de Mende do Tour do 95 case é máis espectacular que toda a carreira do Chava (bueno, aquí igual me pasei un pouco ... xDDD). Pero bueno, examina o seu palmarés anda: es.wikipedia.org/wiki/Laurent_JalabertResulta que na Vuelta, case único terreo onde o Chava conseguiu resultados, Jalabert fixo bastante máis (e atacando, eh? Que eu recordo ataques seus de amarelo coa carreira case gañada ...). E ademais 2 monumentos (San Remo e Lombardía), París-Niza, Volta a Catalunya, Midi Libre, País Vasco, bastante máis en Tour e Giro que o Chava, Flecha Valona, Criterium, mundiais, Milan-Turin, Suiza, Bicicleta Basca, Semana Catalana, Romandia, Tirreno, Dauphine, San Sebastian, ... Paréceme incrible que encumbres a un ciclista normaliño, un máis do pelotón, e despreces de tal xeito a un dos millores corredores dos últimos 20 anos. Por certo, cólgoche o palmarés de Sean Kelly: es.wikipedia.org/wiki/Sean_KellyCoñécelo? Eu só o recordo nas súas últimas tempadas, cando xa estaba na costa abaixo. Ah!! Nunca gañou un Tour, pero foi un dos máis grandes: 7 París-Niza, 9 monumentos (só Merckx e De Vlaeminck teñen máis), ... Volvendo ao de máis ou menos tours, na miña lista dos 20 millores da historia aparecerían uns cantos que nunca o gañaron: Rick Van Looy, Rik Van Stenbergen, Francesco Moser, Sean Kelly, Alfredo Binda, Roger de Vlaemink, ... logo estarían os que si o lograron, claro: Eddie Mercxk, Bernard Hinault, Jacques Anquetil, Fausto Coppi, Gino Bartali, Miguel Indurain, Lance Armstrong. Sen ir moi lonxe, Bugno, Bartoli ou Argentin foron moito máis corredor que Pereiro ou Sastre.
|
|
|
Post by DoctorFausto on Jul 29, 2008 20:21:42 GMT 4
|
|
miguel
New Member
Mee y mejor
Posts: 90
|
Post by miguel on Jul 30, 2008 0:24:17 GMT 4
idem a DoctorFausto, pero sen tantos coñecementos informáticos
|
|
elamo
New Member
Si xa non te leva nin del Bosque...
Posts: 316
|
Post by elamo on Jul 30, 2008 19:07:43 GMT 4
Pimeiro de todo...grandes moi grandes doctorfausto e miguel!!!joajaojaojaojaaj
Trankilo non fai falla que me comentes o palmarés de olano nin me fixo falta velo na wikipedia, porque o teño ven clariño, para a túa sorpresa tamén son un fan recoñecido do guipuzcoano, o mellor clasicómano e corredor de 1 semana potencial de todolos tempos obrigado a tentativa de gañar un tour e suceder a induráin, simplemente por parecerse máis a el que o seu irman, todo Prudencia (miguel esto vai por ti)... Dirás que é imposible ser fan dos dous, pero é que a min gustanme este tipo de parellas traxicómicas, que o fin dan espectáculo, como tamén son fan de nadal e federer á vez, ou o fun de aggasi e sampras, e me encantaba chiapucci sendo un seguidor de induráin...o que me tiran para tras son estrelas prefabricadas sen carisma como armstrong, ulrich, basso ou kloden...gañar sete tours e que che silven é moi significativo... Con respecto o palmarés do chava, colgueino porque non me parcía medicore, pero os seus seguidores non o éramos polas súas victorias senon polo espectáculo que daba e porque era capaz de eclipsar a todolos protagonistas da xeral en cada un dos seus ataques, das súas hazañas ou das súas tolerías...moito nos arrepentimos da súa morte pero hai que recoñecer que foi unha morte made in chava igual que a de pantani foi moi característica... Con respecto o outro tema claro que o ciclismo non se limita o tour, senon jalabert non sería tan grande, era so un apunte irónico con referencia a sastre. Valverde é o número 1 do ranking pero probablemente nunca gañe o tour, freire é un dos mellores ciclistas de tódolos tempos e tampouco vai gañalo tour, armstrong gañou sete e non lle teño admiración ningunha...No que dis de pereiro, volto co de antes, está claro que en canto a habilidades e forza non é dos mellores do pelotón pero desde logo e o que mellor partido lle saca as súas posibilidades porque é sen dúbida o máis intelixente do pelotón mundial, e ademáis é un tipo o que lle gusta dar espectáculo, e que por desgraza, me da a impresión de que está a ser coartado polos seus directores nos últimos anos...O primeiro tour que correu no phonak, estivo entre os 10 primeiros e foi nomeado o corredor mais combativo da carreira, e a súa frase nada máis comezar o tour foi:"no pienso ir ni un kilómetro a rueda de un discovery", a min paréceme que con actitudes coma esta é como se engrandece e se tenta cambialo rumbo deste deporte, moito máis que gañando un tour con brillo pero sustentado no todopoderoso CSC, está claro que os equipos son necesarios pero a historia deste ciclismo escribirno nomes ilustres que se extendían moito máis alá do seu equipo, xente coma bahamontes, eddi merx, luis ocaña, eduardo chozas, julio jimenez, angel arroyo, perico delgado, álvaro pino, miguel induráin, toni rominger, alex zulle, jalabert, o gran fernando escartin, evidentemente o chava e pantani, e moitos outros que me olvido ou non coñecín por ser extranxeiros e por ser doutros tempos...debenlle moito os seus compañeiros pero o seu éxito non dependía para nada deles...é mais no caso do chaba cando o banesto preparaba un porto para el desde lonxe era cando fallaba...con todo lóxica coñecendo ó avulense...
Como poderás ir comprobando non me fai falla tampouco comprobar o palmarés de Jaja, xa que son un gran aficionado e sei que o gañou case todo ou mais, e tamén vexo que non entendiches que o de jalabert apesta era irónico, ademáis incluso que fixen comentarios no seu favor no teu fotolog...a victoria en mente estivo ben, pero home non é tan trascendental como atacar o teu compañeiro de equipo cando se está xogando a volta que atacar a induráin co tour sentenciado...pero bueno recordar que en mente gañou tamen marcos serrano, pouco tempo despois da victoria de pereiro tras ser superado por hincapie o día antes e soportar e e logo calar as burlas da prensa frachuta... Saúdos
P.D.1: Miguel, doctorfausto podedes ir comprando máis palomitas...
P.D.2: Jalabert sigue apestando jejejejejaoajaojajaojaojao
|
|